Páxinas

25 novembro 2024

25N: A loita continúa

Cantos anos máis han ter que pasar para deixar de conmemorar esta data contra o asasinato de mulleres a mans de homes?

Doe pensar que as nenas da nosa escola poidan chegar a sufrir pola violencia machista. 

É labor das familias, da escola, da sociedade e do goberno conseguir que esta lacra desapareza para que ningunha muller máis nin quen a rodea o padezan.




20 novembro 2024

20 de novembro, día Universal da Nena e do Neno

O 20 de novembro é un día dedicado a todos os nenos e nenas do mundo. Celébrase o Día Universal do Neno e a Nena e conmemóranse os aniversarios da adopción da Declaración Universal dos Dereitos do Neno (1959) e a aprobación da Convención dos Dereitos do Neno (1989).

Esta Convención, a máis universal dos tratados internacionais, establece unha serie de dereitos para os nenos e as nenas, incluídos os relativos á vida, a saúde e a educación, o dereito para xogar, á vida familiar, á protección fronte á violencia e a discriminación, e a que se escoiten as súas opinións.

É un día de celebración polos avances conseguidos, pero sobre todo é un día para chamar a atención sobre a situación das nenas e dos nenos máis desfavorecidos, dar a coñecer os dereitos da infancia e concienciar ás persoas da importancia de traballar día a día polo seu benestar e desenvolvemento.



27 outubro 2024

TDAH: unha realidade

 


O TDAH é unha realidade, un trastorno que afecta ao 8,8 % da poboación mundial, dato confirmado pola OMS. No Informe Anual do Sistema Nacional de Saúde 2023 (Ministerio de Sanidade) recóllese: 

“Na infancia e adolescencia (menores de 25 anos), os problemas de saúde mental máis frecuentemente rexistrados… son os problemas hipercinéticos (24,9) ...”.

Accede pinchando na imaxe á web da Federación española de asociacións de persoas con TDAH.


11 outubro 2024

NES: o 11 de outubro na Alameda

Hoxe, entre as 16 e as 20h na Alameda Rosalía de Castro, o colectivo “NES” (No Estamos Solos) organiza  un evento para dar a coñecer á cidadanía algunhas enfermidades raras como a Síndrome de Rett, Síndrome de Perthes, Duchenne, HSC, Lupus, Axenese ou Opitz-Caveggia. 

A partir das 16,30h terán lugar relatorios polo Gabinete “Agarimo”, a “Granxa de Fina” (Equinoterapia), “Julia Novegil” (Osteopatía) e  “Afimo” (Marta Rial Vidal) coa participación de familiares de persoas que padecen esas dolencias así como representantes das distintas organizacións convocadas.

Desenvolveranse obradoiros de pintura, globoflexia, photocall, bailes, xogos e sorteos, finalizando coa música ao vivo de Luis Forcán

Un moi bo plan para esta tarde de venres. 




04 outubro 2024

Volve Edugal do 9 ao 11 de outubro

Edugal é un lugar de encontro onde cada persoa pode atopar unha oferta para continuar formándose ou actualizándose en diferentes estudos e propostas formativas para a mellora tanto persoal como profesional. 

Aínda que o noso alumnado pode ser moi novo para adentrarse nesta proposta, seguro que haberá membros da familia a quen lles poida resultar de interese visitar a feira da Educación de Galicia e, quen sabe, quizais comezar unha nova aventura...



27 setembro 2024

Aterramos...

...no curso 2024/25! Benvidas!

Como saberedes, este curso o Proxecto Documental Integrado (o famoso PDI) tratará sobre as viaxes.

Dende o Departamento de Orientación temos entre as nosas metas contribuír a realizar achegas que faciliten a convivencia entre todas as persoas que constituímos a comunidade educativa e que repercutan no noso contorno.

E que relación poden ter as viaxes ou o turismo coa convivencia? Pois resulta que teñen moitísima máis relación da que podemos pensar nun primeiro momento. De feito, tal día como hoxe, 27 de setembro, conmemórase o Día Mundial do Turismo baixo o lema "Turismo e Paz". Así que non imos desencamiñadas coa nosa proposta 😉

Desexámosvos unha moi boa viaxe ao longo deste curso 2024/25! 

Novo número da Revista galega do ensino

  Pinchando na imaxe poderás acceder ao novo número da Revista Galega do Ensino (novembro 2024), dedicado a unha faceta de enorme relevancia...