Páxinas

15 maio 2024

17 de maio: Letras Galegas e Día contra a LGTBIfobia

Ademais do Día das Letras Galegas, nesta data tamén se celebra o Día contra a LGTBIfobia

Aquí atoparedes uns recursos ben interesantes para o alumnado:

In a heartbeat

Trátase da primeira curtametraxe dirixida por Beth David e Esteban Brazo para nenas e nenos que trata de educar na diversidade sexual a través da historia de amor entre Sherwin e Jonathan, dous mozos que namoran no patio do colexio.


Que é a diversidade sexual?

O autor, Gorka Pérez,  a través dunha explicación moi didáctica trata neste breve vídeo sobre a diversidade de orientación sexual e as identidades de xénero e sexual.

 


 

11 maio 2024

15 de maio: DÍA DAS FAMILIAS

DÍA INTERNACIONAL DAS FAMILIAS

Queredes saber máis sobre esta data que vos animamos a celebrar en familia?

Aquí atoparedes información:

O Día Internacional das Familias celébrase o 15 de maio de cada ano desde 1994. Esta data foi proclamada en 1993 pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas facéndose eco da importancia que a comunidade internacional outorga ás familias.

Para o ano 2024 Nacións Unidas propuxo o lema: Familias e Cambio Climático, co obxectivo de crear conciencia sobre como o cambio climático afecta ás familias e o papel que as familias poden desempeñar na acción climática. A través de iniciativas familiares e comunitarias, podemos fomentar a acción climática con educación, acceso á información, capacitación e participación comunitaria. As familias transmiten valores de xeración en xeración, polo que é importante inculcar hábitos sostibles e conciencia climática nas familias desde unha idade temperá.

Ademais, 2024 marca o 30º aniversario do Ano Internacional das Familias

Pola súa banda, no marco desta celebración, o Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030:

- Publicou e distribuíu un cartel conmemorativo do Día Internacional das Familias 2024 co lema “O noso tempo, os nosos dereitos”.

 - Editou a  Guía de axudas e servizos para familias 2024, na que se facilita información actualizada ás persoas que teñen responsabilidades familiares sobre as prestacións, beneficios e servizos que teñen á súa disposición no ámbito da Administración Xeral do Estado. 

- Actualizou o portal Familias en Positivo, en colaboración coa Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), dedicado á promoción da parentalidade positiva, incluíndo materiais e recursos para as familias e profesionais de atención ás familias en relación coa crianza, coidado e educación de nenas, nenos e adolescentes.  

Información extraída da web do Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030.



01 maio 2024

2 de maio: Día contra o acoso escolar.

Chegou ao colexio o Punto Laranxa contra o acoso e o ciberacoso escolar. Un punto físico para deixar no seu buzón mensaxes escritas sobre situacións de acoso propias ou que se perciban noutras persoas. Un punto tamén virtual que está a disposición de toda a comunidade educativa na web do colexio.

O alumnado do Equipo de Mediación será o encargado de informar a todo o alumnado sobre este Punto Laranxa.


Ademais, con motivo desta data e grazas ao Consorcio Editorial, contamos coa representación "Pasando a bóla" realizada por A Xanela do Maxín, unha obra sobre os diferentes papeis que xogan as persoas vítimas, acosadoras e observadoras dunha situación de acoso.



17 de maio: Letras Galegas e Día contra a LGTBIfobia

Ademais do Día das Letras Galegas, nesta data tamén se celebra o Día contra a LGTBIfobia .  Aquí atoparedes uns recursos ben interesantes pa...