Páxinas

20 novembro 2023

Charlando en familia

 


20 de novembro, o día da nena e do neno.

Nacións Unidas celebra o Día Mundial da Infancia o 20 de novembro, data na que a Asemblea Xeral da ONU aprobou a Declaración dos Dereitos da/o Nena/o en 1959. Esta declaración, que non tiña legalmente carácter vinculante, non era suficiente para protexer os dereitos da infancia. Tras dez anos de negociacións con gobernos de todo o mundo, líderes relixiosos, ONG e outras institucións, logrouse acordar o texto final da Convención sobre os Dereitos da Infancia, o 20 de novembro de 1989, cuxo cumprimento é obrigatorio para todos os países que a asinaron.

Compartimos dende aquí unha canción dedicada aos dereitos de nenas e nenos. Somos nós, as persoas adultas, as responsables de defender os seus Dereitos:





17 novembro 2023

25N Contra a violencia machista

Conmemoramos o Día contra a violencia machista co videoclip argallado no Proxecto Competencial polo mestre de Música con alumnado de 5° de Primaria.



Tamén dende o Concello nos convidan a participar en diferentes propostas:





14 novembro 2023

As normas e os límites inflúen na redución do acoso escolar

Comparto con vós unha breve entrevista recente a Carmen Cabestany, presidenta da asociación NACE (Non ao acoso escolar), onde recolle, entre a diversidade de factores que levan a acosar aos iguais, a influencia de ter normas e límites, para reducir a posibilidade de crear unha nena ou un neno que acose. Precisamente a importancia das normas e dos límites será a temática da que trataremos na primeira escola de familia deste curso no colexio. 

Podedes acceder á entrevista pinchando na imaxe:



06 novembro 2023

Presentación do Equipo de Mediación

Hoxe o alumnado mediador pasou polas aulas do colexio para presentar o EQUIPO DE MEDIACIÓN e explicar o seu labor nos patios de recreo como axudantes nos posibles conflitos entre o alumnado. 

Explicaron que o equipo está composto por un total de 14 alumnas/os de 6º de Primaria, que  estarán nos patios cun chaleco amarelo para que os identifiquen facilmente e que tratarán de axudar escoitando a versión de cada alumna ou alumno en conflito para chegar finalmente a un acordo xusto para ambas partes.

O alumnado fíxolles moitas preguntas interesantes sobre a súa función como mediadoras e mediadores. 

Quincenalmente o Equipo de Mediación manterá unha xuntanza coa orientadora para realizar un seguimento das actuacións levadas a cabo e poder desenvolver mellor a súa función como mediadoras e mediadores.


 

03 novembro 2023

Xuntanza Familias e Escola

 


Un grupo de alumnado convida ás nais e aos pais a asistir á sesión da Escola de Familias. 
Como para perderse esta sesión! 


Lembra inscribirte no enlace que recibirás a través de Abalar 👈

Contamos contigo! 

02 novembro 2023

Temáticas da Escola de Nais e Pais

Tras a enquisa ás familias para a selección das temáticas para a Escola de Familias deste curso, aquí tedes os temas máis votados, así como aqueles outros nos que manifestastes interese:


 

1) O establecemento de normas e límites (disciplina positiva): 22 respostas (67%)

2) Como axudar ás fillas e aos fillos a evitar os riscos de Internet: 21 respostas (64%)

3) A comunicación efectiva na familia: 19 respostas (58%)

4) A saúde física e mental na familia: 19 respostas (58%)

5) A prevención das adiccións sen substancias (videoxogos): 11 respostas (33%)

6) Outro: 4 respostas (12%). 

    - Como explicar aos fillos os riscos das redes sociais.

    - Acoso escolar.

    - Acoso escolar. Bullying.

    - Educación sexual na casa, acceso temperán á pornografía a través de internet.

    - Alimentación saudable.

    - Neofobias.

    - A inclusión e o apoio aos nenos con dificultades e a súa importancia. O tratamento deste tema nas familias.

 

Dende o primeiro trimestre programaranse sesións relacionadas cos vosos temas de interese, tratando de abranguer o maior número posible deles.  

Seguro que compartiremos un bo rato con vós nestas sesións 👪👫👭👬👬👬👭👪

Baños de bosque en familia

  Podedes inscribirvos a través do enlace enviado ás familias por Abalar 🌳 Contamos con vós!