Páxinas

08 xaneiro 2024

Da etapa de Educación Primaria á etapa de Educación Secundaria Obrigatoria

Co fin de facilitar o tránsito entre as etapas de Educación Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria, cada curso planificamos entre o colexio e o IES Mestre Landín, ao que se atopa adscrito o noso centro, diferentes actividades para o alumnado de 6º EP e para as súas nais, os seus pais ou titoras/es legais. 


 As actividades que se levarán a cabo neste curso escolar son as seguintes:

- Martes 9 de xaneiro: recollida de dúbidas e medos do alumnado en relación coa nova etapa e o instituto pola orientadora do colexio. ❓

- Xoves 11 de xaneiro: explicación da nova etapa e resolución das dúbidas do alumnado pola orientadora do IES Mestre Landín no colexio. 💬

- Xoves 25 de xaneiro: visita ao IES Mestre Landín. O alumnado de 6ºEP, acompañado polo profesorado titor e a orientadora do colexio, visitará o Instituto para coñecer os diferentes espazos e compartir tempos de clase e de recreo co alumnado da ESO. 🏢

- Visita das nais, dos pais ou titoras/es legais ao IES Mestre Landín: xoves 18 de xaneiro ás 19,30h.

O prazo para a realización da reserva de praza no IES Mestre Landín abrangue do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro (ambos incluídos). Dende o colexio facilitarase a información ás familias do alumnado para realizar esta reserva. +Información ℹ️ 

Para calquera dúbida en relación co cambio de etapa, poden contactar coa orientadora no teléfono 886151355. 

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

20 de novembro, día Universal da Nena e do Neno

O 20 de novembro é un día dedicado a todos os nenos e nenas do mundo. Celébrase o Día Universal do Neno e a Nena e conmemóranse os aniversar...