Páxinas

01 maio 2024

2 de maio: Día contra o acoso escolar.

Chegou ao colexio o Punto Laranxa contra o acoso e o ciberacoso escolar. Un punto físico para deixar no seu buzón mensaxes escritas sobre situacións de acoso propias ou que se perciban noutras persoas. Un punto tamén virtual que está a disposición de toda a comunidade educativa na web do colexio.

O alumnado do Equipo de Mediación será o encargado de informar a todo o alumnado sobre este Punto Laranxa.


Ademais, con motivo desta data e grazas ao Consorcio Editorial, contamos coa representación "Pasando a bóla" realizada por A Xanela do Maxín, unha obra sobre os diferentes papeis que xogan as persoas vítimas, acosadoras e observadoras dunha situación de acoso.



22 abril 2024

Bolsas e axudas para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo - curso 24/25

O prazo para solicitar as Bolsas e Axudas para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo para o curso 2024/25 iniciarase o 30 de abril e pechará o 13 de setembro. 

Accede a máis información pinchando na imaxe:



16 abril 2024

Charlando en familia no museo Manuel Torres

O xoves 25 de abril ás 20h terá lugar a derradeira charla da Fundación Érguete organizada polo Concello, nesta ocasión en relación co uso axeitado das tecnoloxías



11 abril 2024

12 de abril: Día das persoas con extremidades diferentes

O día 12 de abril conmemórase o Día das persoas con extremidades diferentes, de aí que a nai dunha nena con axenexia, representante da asociación AFANIP, contactara co colexio para informarnos e pedirnos que contribuamos a sensibilizar ao noso alumnado en relación con esta condición.

Aquí poderedes descargar algúns dos materiais que compartiu con nós:

 



Baños de bosque en familia

  Podedes inscribirvos a través do enlace enviado ás familias por Abalar 🌳 Contamos con vós!