Páxinas

20 novembro 2024

20 de novembro, día Universal da Nena e do Neno

O 20 de novembro é un día dedicado a todos os nenos e nenas do mundo. Celébrase o Día Universal do Neno e a Nena e conmemóranse os aniversarios da adopción da Declaración Universal dos Dereitos do Neno (1959) e a aprobación da Convención dos Dereitos do Neno (1989).

Esta Convención, a máis universal dos tratados internacionais, establece unha serie de dereitos para os nenos e as nenas, incluídos os relativos á vida, a saúde e a educación, o dereito para xogar, á vida familiar, á protección fronte á violencia e a discriminación, e a que se escoiten as súas opinións.

É un día de celebración polos avances conseguidos, pero sobre todo é un día para chamar a atención sobre a situación das nenas e dos nenos máis desfavorecidos, dar a coñecer os dereitos da infancia e concienciar ás persoas da importancia de traballar día a día polo seu benestar e desenvolvemento.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

20 de novembro, día Universal da Nena e do Neno

O 20 de novembro é un día dedicado a todos os nenos e nenas do mundo. Celébrase o Día Universal do Neno e a Nena e conmemóranse os aniversar...