Páxinas

11 maio 2024

15 de maio: DÍA DAS FAMILIAS

DÍA INTERNACIONAL DAS FAMILIAS

Queredes saber máis sobre esta data que vos animamos a celebrar en familia?

Aquí atoparedes información:

O Día Internacional das Familias celébrase o 15 de maio de cada ano desde 1994. Esta data foi proclamada en 1993 pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas facéndose eco da importancia que a comunidade internacional outorga ás familias.

Para o ano 2024 Nacións Unidas propuxo o lema: Familias e Cambio Climático, co obxectivo de crear conciencia sobre como o cambio climático afecta ás familias e o papel que as familias poden desempeñar na acción climática. A través de iniciativas familiares e comunitarias, podemos fomentar a acción climática con educación, acceso á información, capacitación e participación comunitaria. As familias transmiten valores de xeración en xeración, polo que é importante inculcar hábitos sostibles e conciencia climática nas familias desde unha idade temperá.

Ademais, 2024 marca o 30º aniversario do Ano Internacional das Familias

Pola súa banda, no marco desta celebración, o Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030:

- Publicou e distribuíu un cartel conmemorativo do Día Internacional das Familias 2024 co lema “O noso tempo, os nosos dereitos”.

 - Editou a  Guía de axudas e servizos para familias 2024, na que se facilita información actualizada ás persoas que teñen responsabilidades familiares sobre as prestacións, beneficios e servizos que teñen á súa disposición no ámbito da Administración Xeral do Estado. 

- Actualizou o portal Familias en Positivo, en colaboración coa Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), dedicado á promoción da parentalidade positiva, incluíndo materiais e recursos para as familias e profesionais de atención ás familias en relación coa crianza, coidado e educación de nenas, nenos e adolescentes.  

Información extraída da web do Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

TDAH: unha realidade

  O TDAH é unha realidade , un trastorno que afecta ao 8,8 % da poboación mundial, dato confirmado pola OMS. No Informe Anual do Sistema Nac...