Hoxe, 10 de outubro, é o Día da Saúde Mental.
Neste curso, no que o PDI (Proxecto Documental Integrado) do colexio está centrado no coidado físico e no coidado da nosa saúde mental, esta data é relevante para toda a comunidade educativa.
Compartimos con vós unha charla de Rafael Bisquerra, psicólogo e pedagogo, sobre a importancia da xestión das emocións para o coidado do noso benestar mental.
Ningún comentario:
Publicar un comentario