En marzo terá lugar o período de admisión de novo alumnado. De aí que queiramos dar a coñecer o colexio ás familias interesadas en que as súas fillas e os seus fillos inicien a súa escolarización con nós no curso 2024/25.
Pinchando na imaxe do psicólogo Alberto Soler, poderedes acceder á entrevista que lle fixo a periodista Ana Abelenda do periódico La Voz de Galicia sobre a crianza, na que afirma, entre outros temas, que "é bo que os fillos vexan aos seus pais discutir, pelexar é outra cousa". Seguro que a súa lectura resultará moi útil para identificarse e aprender sobre a crianza.
A través deste Plan, ao longo deste curso, desenvolveranse distintos relatorios impartidos pola Policía Nacional tanto para o alumnado do 3° ciclo de Primaria como para as familias e profesorado en relación co acoso escolar e a prevención dos riscos das TIC.
"Pensa antes de falar" é o lema que a Fundación Juan XXIII elixiu este ano para a conmemoración do Día das persoas con (dis)capacidades diversas e deixan a súa mensaxe moi clara neste vídeo:
Un genially para coñecer a persoas incribles:
Películas sobre persoas (e animais) con diversidade funcional:
Actividades para a aulasobre a diversidade funcional:
Nacións Unidas celebra o Día Mundial da Infancia o 20 de novembro, data na que a Asemblea Xeral da ONU aprobou a Declaración dos Dereitos da/o Nena/o en 1959. Esta declaración, que non tiña legalmente carácter vinculante, non era suficiente para protexer os dereitos da infancia. Tras dez anos de negociacións con gobernos de todo o mundo, líderes relixiosos, ONG e outras institucións, logrouse acordar o texto final da Convención sobre os Dereitos da Infancia, o 20 de novembro de 1989, cuxo cumprimento é obrigatorio para todos os países que a asinaron.
Compartimos dende aquí unha canción dedicada aos dereitos de nenas e nenos. Somos nós, as persoas adultas, as responsables de defender os seus Dereitos: