Se lle dades ao "play" seguro que desfrutaredes da canción que versionou Víctor, o mestre de Música e danza, para conmemorar este ano o Día da Paz: Ficar durmido.
30 xaneiro 2024
21 xaneiro 2024
21 de Xaneiro: Día europeo da MEDIACIÓN
Hoxe, con motivo do Día Europeo da Mediación, comparto con vós un artigo da Comisión Intersectorial de Mediación do Colexio Oficial da Psicoloxía de Galicia publicado na Voz de Galicia.
Pinchade na imaxe para acceder ao artigo:
18 xaneiro 2024
Familias dixitais
Se es nai, pai ou responsable de menores, seguro que che interesa esta formación desenvolta en rede no mes de marzo para potenciar o bo uso das redes sociais en familia.
Pincha para acceder á información:
16 xaneiro 2024
Martes 30 de xaneiro: Escola de familias
O martes 30 de xaneiro teremos unha nova xuntanza "Familias e Escola" para falar, nesta ocasión, sobre os perigos de internet e temáticas relacionadas.
Pinchade na imaxe para inscribirvos 🙂
08 xaneiro 2024
Da etapa de Educación Primaria á etapa de Educación Secundaria Obrigatoria
Co fin de facilitar o tránsito entre as etapas de Educación Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria, cada curso planificamos entre o colexio e o IES Mestre Landín, ao que se atopa adscrito o noso centro, diferentes actividades para o alumnado de 6º EP e para as súas nais, os seus pais ou titoras/es legais.
As actividades que se levarán a cabo neste curso escolar son as seguintes:
- Martes 9 de xaneiro: recollida de dúbidas e medos do alumnado en relación coa nova etapa e o instituto pola orientadora do colexio. ❓
- Xoves 11 de xaneiro: explicación da nova etapa e resolución das dúbidas do alumnado pola orientadora do IES Mestre Landín no colexio. 💬
- Xoves 25 de xaneiro: visita ao IES Mestre Landín. O alumnado de 6ºEP, acompañado polo profesorado titor e a orientadora do colexio, visitará o Instituto para coñecer os diferentes espazos e compartir tempos de clase e de recreo co alumnado da ESO. 🏢
- Visita das nais, dos pais ou titoras/es legais ao IES Mestre Landín: xoves 18 de xaneiro ás 19,30h.
O prazo para a realización da reserva de praza no IES Mestre Landín abrangue do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro (ambos incluídos). Dende o colexio facilitarase a información ás familias do alumnado para realizar esta reserva. +Información ℹ️
Para calquera dúbida en relación co cambio de etapa, poden contactar coa orientadora no teléfono 886151355.
20 de novembro, día Universal da Nena e do Neno
O 20 de novembro é un día dedicado a todos os nenos e nenas do mundo. Celébrase o Día Universal do Neno e a Nena e conmemóranse os aniversar...
-
O prazo para solicitar as Bolsas e Axudas para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo para o curso 2024/25 iniciarase o 30 ...
-
DÍA INTERNACIONAL DAS FAMILIAS Queredes saber máis sobre esta data que vos animamos a celebrar en familia? Aquí atoparedes información: O Dí...