Páxinas

12 decembro 2024

Novo número da Revista galega do ensino

 


Pinchando na imaxe poderás acceder ao novo número da Revista Galega do Ensino (novembro 2024), dedicado a unha faceta de enorme relevancia e que precisa de tempos e espazos na familia e na escola, a Educación afectivo-sexual.

03 decembro 2024

3 de decembro: día das persoas con dis-CAPACIDADES

Hoxe é 3 de decembro e conmemórase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade, declarado en 1992 pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas, co obxectivo de promover os dereito e o benestar das persoas con discapacidade en todos os ámbitos da sociedade, así como concienciar sobre a súa situación en todos os aspectos da vida. 

Pincha na imaxe para acceder a actividades en relación con esta conmemoración:




25 novembro 2024

25N: A loita continúa

Cantos anos máis han ter que pasar para deixar de conmemorar esta data contra o asasinato de mulleres a mans de homes?

Doe pensar que as nenas da nosa escola poidan chegar a sufrir pola violencia machista. 

É labor das familias, da escola, da sociedade e do goberno conseguir que esta lacra desapareza para que ningunha muller máis nin quen a rodea o padezan.




20 novembro 2024

20 de novembro, día Universal da Nena e do Neno

O 20 de novembro é un día dedicado a todos os nenos e nenas do mundo. Celébrase o Día Universal do Neno e a Nena e conmemóranse os aniversarios da adopción da Declaración Universal dos Dereitos do Neno (1959) e a aprobación da Convención dos Dereitos do Neno (1989).

Esta Convención, a máis universal dos tratados internacionais, establece unha serie de dereitos para os nenos e as nenas, incluídos os relativos á vida, a saúde e a educación, o dereito para xogar, á vida familiar, á protección fronte á violencia e a discriminación, e a que se escoiten as súas opinións.

É un día de celebración polos avances conseguidos, pero sobre todo é un día para chamar a atención sobre a situación das nenas e dos nenos máis desfavorecidos, dar a coñecer os dereitos da infancia e concienciar ás persoas da importancia de traballar día a día polo seu benestar e desenvolvemento.



27 outubro 2024

TDAH: unha realidade

 


O TDAH é unha realidade, un trastorno que afecta ao 8,8 % da poboación mundial, dato confirmado pola OMS. No Informe Anual do Sistema Nacional de Saúde 2023 (Ministerio de Sanidade) recóllese: 

“Na infancia e adolescencia (menores de 25 anos), os problemas de saúde mental máis frecuentemente rexistrados… son os problemas hipercinéticos (24,9) ...”.

Accede pinchando na imaxe á web da Federación española de asociacións de persoas con TDAH.


11 outubro 2024

NES: o 11 de outubro na Alameda

Hoxe, entre as 16 e as 20h na Alameda Rosalía de Castro, o colectivo “NES” (No Estamos Solos) organiza  un evento para dar a coñecer á cidadanía algunhas enfermidades raras como a Síndrome de Rett, Síndrome de Perthes, Duchenne, HSC, Lupus, Axenese ou Opitz-Caveggia. 

A partir das 16,30h terán lugar relatorios polo Gabinete “Agarimo”, a “Granxa de Fina” (Equinoterapia), “Julia Novegil” (Osteopatía) e  “Afimo” (Marta Rial Vidal) coa participación de familiares de persoas que padecen esas dolencias así como representantes das distintas organizacións convocadas.

Desenvolveranse obradoiros de pintura, globoflexia, photocall, bailes, xogos e sorteos, finalizando coa música ao vivo de Luis Forcán

Un moi bo plan para esta tarde de venres. 




04 outubro 2024

Volve Edugal do 9 ao 11 de outubro

Edugal é un lugar de encontro onde cada persoa pode atopar unha oferta para continuar formándose ou actualizándose en diferentes estudos e propostas formativas para a mellora tanto persoal como profesional. 

Aínda que o noso alumnado pode ser moi novo para adentrarse nesta proposta, seguro que haberá membros da familia a quen lles poida resultar de interese visitar a feira da Educación de Galicia e, quen sabe, quizais comezar unha nova aventura...



Novo número da Revista galega do ensino

  Pinchando na imaxe poderás acceder ao novo número da Revista Galega do Ensino (novembro 2024), dedicado a unha faceta de enorme relevancia...