Páxinas

27 outubro 2024

TDAH: unha realidade

 


O TDAH é unha realidade, un trastorno que afecta ao 8,8 % da poboación mundial, dato confirmado pola OMS. No Informe Anual do Sistema Nacional de Saúde 2023 (Ministerio de Sanidade) recóllese: 

“Na infancia e adolescencia (menores de 25 anos), os problemas de saúde mental máis frecuentemente rexistrados… son os problemas hipercinéticos (24,9) ...”.

Accede pinchando na imaxe á web da Federación española de asociacións de persoas con TDAH.


11 outubro 2024

NES: o 11 de outubro na Alameda

Hoxe, entre as 16 e as 20h na Alameda Rosalía de Castro, o colectivo “NES” (No Estamos Solos) organiza  un evento para dar a coñecer á cidadanía algunhas enfermidades raras como a Síndrome de Rett, Síndrome de Perthes, Duchenne, HSC, Lupus, Axenese ou Opitz-Caveggia. 

A partir das 16,30h terán lugar relatorios polo Gabinete “Agarimo”, a “Granxa de Fina” (Equinoterapia), “Julia Novegil” (Osteopatía) e  “Afimo” (Marta Rial Vidal) coa participación de familiares de persoas que padecen esas dolencias así como representantes das distintas organizacións convocadas.

Desenvolveranse obradoiros de pintura, globoflexia, photocall, bailes, xogos e sorteos, finalizando coa música ao vivo de Luis Forcán

Un moi bo plan para esta tarde de venres. 




04 outubro 2024

Volve Edugal do 9 ao 11 de outubro

Edugal é un lugar de encontro onde cada persoa pode atopar unha oferta para continuar formándose ou actualizándose en diferentes estudos e propostas formativas para a mellora tanto persoal como profesional. 

Aínda que o noso alumnado pode ser moi novo para adentrarse nesta proposta, seguro que haberá membros da familia a quen lles poida resultar de interese visitar a feira da Educación de Galicia e, quen sabe, quizais comezar unha nova aventura...



Novo número da Revista galega do ensino

  Pinchando na imaxe poderás acceder ao novo número da Revista Galega do Ensino (novembro 2024), dedicado a unha faceta de enorme relevancia...