Páxinas

22 abril 2024

Bolsas e axudas para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo - curso 24/25

O prazo para solicitar as Bolsas e Axudas para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo para o curso 2024/25 iniciarase o 30 de abril e pechará o 13 de setembro. 

Accede a máis información pinchando na imaxe:



16 abril 2024

Charlando en familia no museo Manuel Torres

O xoves 25 de abril ás 20h terá lugar a derradeira charla da Fundación Érguete organizada polo Concello, nesta ocasión en relación co uso axeitado das tecnoloxías



11 abril 2024

12 de abril: Día das persoas con extremidades diferentes

O día 12 de abril conmemórase o Día das persoas con extremidades diferentes, de aí que a nai dunha nena con axenexia, representante da asociación AFANIP, contactara co colexio para informarnos e pedirnos que contribuamos a sensibilizar ao noso alumnado en relación con esta condición.

Aquí poderedes descargar algúns dos materiais que compartiu con nós:

 



10 abril 2024

Que miras?

Que miras? é o título do libro de Fernando Salgado sobre a vida de Susi Maquieira, unha muller que, a pesar de terse atopado ao longo da súa vida de fronte coa adversidade, foi quen de  loitar para que esta non lle impedira acadar as súas metas. 

Susi Maquieira, xunto co autor, estará o venres 12 ás 20h no Museo Manuel Torres para presentar este novo libro.


 

07 abril 2024

Chegou o 8 de abril, o día internacional do pobo xitano!

Este luns 8 de abril conmemórase o Día Internacional do Pobo Xitano. O lema deste ano é "O pobo xitano segue sendo un gran descoñecido".

No noso colexio o pobo xitano non é un gran descoñecido, ten nome de mulleres e homes (nais e pais) e de nenas e nenos que cada día veñen á escola a aprender, a convivir e a facer real o seu dereito á educación.



 

Un agasallo para este día: descarga e colorea a BANDEIRA do POBO XITANO.


01 abril 2024

2 de abril: Día das persoas con TEA

 


"1 de cada 100 persoas ten autismo", é por isto que dende Autismo Galicia fan un chamamento para celebrar o 2 de abril a diversidade e contribuír a promover a inclusión real de todas as persoas na nosa sociedade.

Pinchando na súa imaxe, poderedes acceder á información dos eventos programados por diversas entidades que conforman Autismo Galicia. Seguro que atoparedes algunha proposta de interese na que participar.

20 de novembro, día Universal da Nena e do Neno

O 20 de novembro é un día dedicado a todos os nenos e nenas do mundo. Celébrase o Día Universal do Neno e a Nena e conmemóranse os aniversar...