Páxinas

15 decembro 2023

Xornada de portas abertas

En marzo terá lugar o período de admisión de novo alumnado. De aí que queiramos dar a coñecer o colexio ás familias interesadas en que as súas fillas e os seus fillos inicien a súa escolarización con nós no curso 2024/25. 

A que agardades para vir coñecernos?



13 decembro 2023

Entrevista a Alberto Soler

Pinchando na imaxe do psicólogo Alberto Soler, poderedes acceder á entrevista que lle fixo a periodista  Ana Abelenda do periódico La Voz de Galicia sobre a crianza, na que afirma, entre outros temas, que "é bo que os fillos vexan aos seus pais discutir, pelexar é outra cousa". Seguro que a súa lectura resultará moi útil para identificarse e aprender sobre a crianza.


11 decembro 2023

Prevención do acoso escolar

Hoxe comenzamos a semana coa charla impartida pola Policía Nacional para a prevención do acoso escolar destinada ao alumnado maior do colexio.

Esta charla forma parte do Plan director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nas súas contornas.

A través deste Plan, ao longo deste curso, desenvolveranse distintos relatorios impartidos pola Policía Nacional tanto para o alumnado do 3° ciclo de Primaria como para as familias e  profesorado en relación co acoso escolar e a prevención dos riscos das TIC. 




03 decembro 2023

3 de decembro: día das persoas con (dis)capacidades

"Pensa antes de falar" é o lema que a Fundación Juan XXIII elixiu este ano para a conmemoración do Día das persoas con (dis)capacidades diversas e deixan a súa mensaxe moi clara neste vídeo:


 Un genially para coñecer a persoas incribles:



Películas sobre persoas (e animais) con diversidade funcional:



Actividades para a aula sobre a diversidade funcional:



TDAH: unha realidade

  O TDAH é unha realidade , un trastorno que afecta ao 8,8 % da poboación mundial, dato confirmado pola OMS. No Informe Anual do Sistema Nac...