20 novembro 2023
20 de novembro, o día da nena e do neno.
Nacións Unidas celebra o Día Mundial da Infancia o 20 de novembro, data na que a Asemblea Xeral da ONU aprobou a Declaración dos Dereitos da/o Nena/o en 1959. Esta declaración, que non tiña legalmente carácter vinculante, non era suficiente para protexer os dereitos da infancia. Tras dez anos de negociacións con gobernos de todo o mundo, líderes relixiosos, ONG e outras institucións, logrouse acordar o texto final da Convención sobre os Dereitos da Infancia, o 20 de novembro de 1989, cuxo cumprimento é obrigatorio para todos os países que a asinaron.
Compartimos dende aquí unha canción dedicada aos dereitos de nenas e nenos. Somos nós, as persoas adultas, as responsables de defender os seus Dereitos:
17 novembro 2023
25N Contra a violencia machista
Conmemoramos o Día contra a violencia machista co videoclip argallado no Proxecto Competencial polo mestre de Música con alumnado de 5° de Primaria.
Tamén dende o Concello nos convidan a participar en diferentes propostas:
14 novembro 2023
As normas e os límites inflúen na redución do acoso escolar
Comparto con vós unha breve entrevista recente a Carmen Cabestany, presidenta da asociación NACE (Non ao acoso escolar), onde recolle, entre a diversidade de factores que levan a acosar aos iguais, a influencia de ter normas e límites, para reducir a posibilidade de crear unha nena ou un neno que acose. Precisamente a importancia das normas e dos límites será a temática da que trataremos na primeira escola de familia deste curso no colexio.
Podedes acceder á entrevista pinchando na imaxe:
06 novembro 2023
Presentación do Equipo de Mediación
Hoxe o alumnado mediador pasou polas aulas do colexio para presentar o EQUIPO DE MEDIACIÓN e explicar o seu labor nos patios de recreo como axudantes nos posibles conflitos entre o alumnado.
Explicaron que o equipo está composto por un total de 14 alumnas/os de 6º de Primaria, que estarán nos patios cun chaleco amarelo para que os identifiquen facilmente e que tratarán de axudar escoitando a versión de cada alumna ou alumno en conflito para chegar finalmente a un acordo xusto para ambas partes.
O alumnado fíxolles moitas preguntas interesantes sobre a súa función como mediadoras e mediadores.
Quincenalmente o Equipo de Mediación manterá unha xuntanza coa orientadora para realizar un seguimento das actuacións levadas a cabo e poder desenvolver mellor a súa función como mediadoras e mediadores.
03 novembro 2023
Xuntanza Familias e Escola
Contamos contigo!
02 novembro 2023
Temáticas da Escola de Nais e Pais
Tras a enquisa ás familias para a selección das temáticas para a Escola de Familias deste curso, aquí tedes os temas máis votados, así como aqueles outros nos que manifestastes interese:
1) O establecemento de normas e límites (disciplina positiva): 22 respostas (67%)
2) Como axudar ás fillas e aos fillos a evitar os riscos de Internet: 21 respostas (64%)
3) A comunicación efectiva na familia: 19 respostas (58%)
4) A saúde física e mental na familia: 19 respostas (58%)
5) A prevención das adiccións sen substancias (videoxogos): 11 respostas (33%)
6) Outro: 4 respostas (12%).
- Como explicar aos fillos os riscos das redes sociais.
- Acoso escolar.
- Acoso escolar. Bullying.
- Educación sexual na casa, acceso temperán á pornografía a través de internet.
- Alimentación saudable.
- Neofobias.
- A inclusión e o apoio aos nenos con dificultades e a súa importancia. O tratamento deste tema nas familias.
Dende o primeiro trimestre programaranse sesións relacionadas cos vosos temas de interese, tratando de abranguer o maior número posible deles.
Seguro que compartiremos un bo rato con vós nestas sesións 👪👫👭👬👬👬👭👪
TDAH: unha realidade
O TDAH é unha realidade , un trastorno que afecta ao 8,8 % da poboación mundial, dato confirmado pola OMS. No Informe Anual do Sistema Nac...
-
O prazo para solicitar as Bolsas e Axudas para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo para o curso 2024/25 iniciarase o 30 ...
-
DÍA INTERNACIONAL DAS FAMILIAS Queredes saber máis sobre esta data que vos animamos a celebrar en familia? Aquí atoparedes información: O Dí...